O profesor Paulo Osório, da Universidade da Beira Interior, realiza unha visita ao ILG entre os días 13 e 17 de xuño. O profesor Osório é profesor de lingüística histórica na citada universidade portuguesa e director do seu Departamento de Letras.
Durante a súa estadía, o profesor Osório manterá diversos encontros co persoal investigador do Instituto co fin de intercambiar información sobre proxectos en curso e de explorar posibles liñas de colaboración entre as dúas institucións. Ademais, o día 16, ás 12:30 horas, pronunciará a conferencia “Do Portugês Antigo ao Português Médio: Algumas mudanças linguísticas”.