VI Congreso da Comunidade Sindical dos Países de Língua Portuguesa (CSPLP)

A CSPLP realizou o congreso fundacional na cidade de Lisboa no mes de maio de 1998 coa participación de centrais sindicais de Portugal e de algunhas das súas ex-colonias, concretamente Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique e San Tomé.

Desde entón celebra os seus congresos ordinarios cada dous anos de maneira rotatoria entre os diversos países que compoñen a CPLP-Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa.

En setembro de 1.999, 16 meses despois de constituída a CSPLP, a CIG solicitou formalmente ser aceptada como organización membro.  A petición resolveuse na II Congreso celebrado en Maputo, capital mozambicana, en xullo de 2000, no que se acepta integrar á CIG en calidade de “Convidado”.

Na primeira semana de 2006, a CSPLP realizou en Bissau o seu IV Congreso. Previamente ao mesmo celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Executiva na que se resolveu elevar o estatus da CIG a membro Observador. Esta decisión, de conformidade cos estatutos, foi ratificada polo Congreso celebrado nos días posteriores.

A CIG propuxo, na Comisión Executiva previa ao Congreso, que se posibilitase a integración efectiva das organizacións observadoras permitindo unha participación real nas actividades da CSPLP, o que implicaba modificar os estatutos nalgúns dos aspectos máis restritivos. A proposta da CIG foi apoiada pola maioría das centrais sindicais aprobándose finalmente por unanimidade na Comisión Executiva e no Congreso.

Desde entón a CIG ven participando en todas as actividades da CSPLP, fosen estas de carácter xeral ou específico. Con todo, os estatutos non permitían que a CIG puidese ter o carácter de membro pleno por carecer Galiza de estado propio. Ler o artigo completo

Subscreva as nossas informações
Scroll to Top