Texto escrito em galego:
O portavoz popular, Pedro Puy, afirmou que “tendo en conta o esforzo que supón para os organizadores e a existencia de numerosas sinaturas que demandan debater estas cuestións, o menos que podemos facer é darlle trámite pronto”
O GRUPO POPULAR PROPORÁ INCORPORAR NO VINDEIRO PLENO O DEBATE DAS ILP SOBRE O APROVEITAMENTO DA LINGUA PORTUGUESA E SOBRE A REDUCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS
Santiago, 29 de abril de 2013.- O Grupo Popular proporá incorporar na orde do día do vindeiro Pleno do Parlamento o debate das iniciativas lexislativas populares (ILP) Valentín Paz Andrade, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía e para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos de Galicia.
O portavoz popular, Pedro Puy, afirmou que as ILP son “unha das escasas canles que ten a cidadanía no proceso lexislativo, polo que o menos que se pode facer e darlle un trámite rápido tendo en conta o esforzo que supón para os organizadores recoller as sinaturas necesarias para a súa presentación e porque poñen de manifesto que existe unha demanda de debater esa cuestión”.
Neste momento atópanse en trámite parlamentario os proxectos de lei de transporte público en vehículos de turismo de Galicia; de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia; de estradas de Galicia; do sistema universitario de Galicia; de fomento da investigación e a innovación de Galicia; e da galeguidade.
DEBATE EN MENOS DE UN MES
A continuación, Pedro Puy referiuse ás dúas proposicións de lei de iniciativa lexislativa popular que están pendentes de ser levadas ao Pleno: coñecida como de Valentín Paz Andrade, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía e a proposición de lei para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galicia. Ler o artigo completo.
Artigo relacionado: